
¿A quién vas a llamar? A lxs Cazamachistas


Como detectar aos machistas?
-
Non resulta complicado: son elementos que se mostran de maneira groseira na súa repugnante actitude; por tanto, facilmente detectables. Os seus comentarios sexistas, vulgares, intimidatorios; os seus desprezos cara a muller, a súa falta de empatía… todo delátalles.
-
Moi importante: non vos deixedes confundir polo seu aspecto nin apariencia: hainos en todos os grupos socioeconómicos. Este é un mal que afecta, transversalmente, a toda a sociedade.
-
Por ideoloxía existe una preponderancia de machismo cultural moi arraigado en posicións conservadoras (canto máis á dereita, máis enquistado) e menos en aquelas ideoloxías progresistas que, en moitos casos, séntense vinculadas ao movimiento feminista. Pero todo isto é relativo… Estad despertos, que non vos confundan nin os tópicos nin os dogmas.
-
É verdade que a educación, a formación, a cultura e os valores axudan a loitar contra esta secuela, pero non estamos ante una regra de ouro: veredes persoas cultas que son machistas; persoas progresistas que son machistas; persoas con valores sólidos que son machistas. E, tamén, o contrario. Certo é que en moitos casos estamos ante os chamados “micromachismos”, que son expresados, ás veces, de manera case inconsciente: non é unha escusa. Debemos facerlles saber que é importante que corrixan esas actitudes.